O 4 de setembro será impartido no Vicedo un obradoiro para montar e pilotar un dron Tech Kids.

O vindeiro martes, 4 de setembro, terá lugar na Casa da Cultura do Concello de O Vicedo un obradoiro titulado Monta e pilota un dron Tech Kids.

A actividade, de carácter gratuíto, enmárcase no programa Tech Kids en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia. Está dirixida a nenos e nenas con idades entre 8 e 12 anos, e desenvolverase en horario de 9:00 a 14:00 horas.

As prazas son limitadas e as inscricións deben facerse na aula CeMIT de O Vicedo ou nos teléfonos 982 59 01 95, en horario de 10:00 a 14:00 horas, e 687 28 80 08.

Organizan: Xunta de Galicia, Axencia para a Modernización Tecnolóxica, Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica e Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.