O 5 de maio chegará a Viveiro "Noite de estrelas" con Sergio Pazos, Manquiña, Isi, Patricia Vázquez e The Fabulosos Weekend. As entradas xa están á venda.

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá o 5 de maio ás 20:30 horas o espectáculo Noites de Estrelas.

Este show do humor está protagonizado por Sergio Pazos, Manuel Manquiña, Patricia Vázquez, Isi e The Fabulosos Weekend.

As entradas poden adquirirse en www.ataquilla.com, na sede Afundación e o día da representación na billeteira do teatro.

Este espectáculo está organizado por A Viradeira Producións coa colaboración de Afundación, Ataquilla.com e o Concello de Viveiro.