O 6 de maio preséntase en Viveiro A Comuna del Barruzo. A actividade enmárcase na programación da Primavera Cultural de Pensamento e Sementeira.

O colectivo viveirés Pensamento e Sementeira organiza, dentro da programación da Primavera Cultural 2019, a presentación do proxecto artístico-musical A Comuna del Barruzo. Será este luns, 6 de maio, ás 19:30 horas no salón de usos múltiples do Concello de Viveiro.

A COMUNA DEL BARRUZO. 

Primeiro disco -libro en galego-asturiano para nenas, nenos e adultos que ainda o son. 

Dirección artística e composicións:Ugia Pedreira

Producción musical, grabación, mistura e composicións:  Pierrot Rougier.

Ilustracións:Mónica Justo.

Colaboradores: Rosa Cedrón ( cello), Quim Farinha (violinos), Chus Diaz (sitar), Marina Oural (declamación)

Idea orixen e productora executiva: Mialmaproduciois Creativas.

Editorial:Noente Paradise (aCentral Folque) 

Maquetación: Ricardo Cabanelas.

Masterización: Estudios Abrigueiro.

Este disco libro situase e inspirase no territorio Eo-Navia no Occidente asturiano, lugar onde moran os habitantes da Comuna del Barruzo e os seres que a protexen. O disco libro consta de 10 cancións escritas en galegoasturiano , unhas,  de poetas da zona como Héctor Acebo, Quique Roxíos, Belén Rico e Arturo Alvarez e as outras autorias son do bretón amigo da Comuna Nicolás Kervazo, de Ugia Pedreira e Pierrot Rougier, estes últimos cantores e compositores das músicas. Unha obra concebida entre as cosmovisións de bretons, galegas e astures. É a COMUNA DEL BARRUZO unha oda á ruralidade como fonte auténtica fonte de recursos para a supervivencia, unha alabanza á natureza e polo tanto o seu máximo respeto e coidado, unha apoloxía dos contrastes e diferencias. É a confirmación da riqueza de imaxinario, hipoteses, patrimonio material e inmaterial que xera unha zona de tránsito, de fronteira como o territorio entre estos dous rios, Eo-Navia. Este libro disco aporta un traballo de alta calidade para abrir unidades didácticas pedagoxicas no ensino do galego-asturiano e para constatar a importancia que ten a Arte achegada ao territorio como columna vertebral duma comunidade que se respeta, que se coida e se desenvolve nel.

Cada cantiga vai identificada con un Ser Máxico que protexe a quen mora na Comuna del Barruzo e son responsabeis de manter unha serie de valores necesarios para a boa convivencia. 

A Nena Pisquela _ A Isla dos Ventos_ Nayundes_ Irmá Florita_ A toba_ Natura_ O ser das Ervas_ O dicotín_ Gargallú_ A Encantada. 

Os valores da Comuna del Barruzo rexense por estes baremos: a ecologia como hàbito/ a creatividade como saude / a curiosidade e a variación son motores da intelixencia / a non exclusión de ningún ser dentro das linaxes / o aproveitamento do natural sen manipulación / o soños como información valiosa de futuro/ o xogo como pilar de relacionamento / a proximidade de recursos materiais e inmaterias como sustentabilidade/ aceptación de todas as emocións como informativas para mellorar a sua xestión / emponderamento da imaxinación e consentimento dos páxaros na cabeza / tolerancia co aburrimento para verse desde fora e dentro / o cambio como poder transformador / a improvisación como compañeira de camiños

Os ritmos das canciois van desde pop-rock a orquestaciois máis clásicas de musica de cámara, a concepciois mais étnicas, detalles de folk galegoastur, bretón, gaélico, da India, sons que recordan debuxos de Miyasaki, tedes un reegee, ou rag-time, todas as músicas creadas para ser bailabeis carregadas de detalles, de reminiscencias do pop-rock internacional. A Comuna del Barruzo aposta pola expresión do movemento como manifestación de vida e polo tanto de  aprendizaxe. 

A modo pedagóxico cada letra leva indicado a variedade instrumental que se interpreta para traballar a sua identificación na escola, na casa onde quixerades, creandose asi paisaxes sonoras diferentes adaptados a temática e ao Ser máxico, atoparedes desde cromorno antigo, guitarras diferentes, sitar, cello, flautas, mandolinas, panderetas, caixon, pandeiros, violinos, silvos, carraca, sintetizadores, samples…

As letras e poemas apelan a determinados pontos da comarca en contexto co contexto social mundial, seguen unha liña de humor e firmeza “sen infantilizar” o discurso e incentivando á pregunta e cuestionamento como camiño posibel.