O 9 de novembro dá comezo en Foz unha nova edición do Campañazo, que organiza o CCA. Vanse repartir 2.400 euros en vales de compra.

O 9 de novembro chega unha nova edición do tradicional Campañazo, que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz e que repartirá durante este mes 2.400 euros en vales de compra. Un total de 41 establecementos comerciais e 13 locais de hostalería participan nesta campaña na que se premiará unha vez máis a fidelidade dos seus clientes.

Os días 9, 16, 23 e 30 de  novembro celebraranse os sorteos de 300 euros en vales de compra ao que cante en primeiro lugar o Campañazo e outros 300  euros para o resto de cartóns premiados. Os sorteos realizaranse cada venres, en directo a partir das 23:00 horas, por Radio Foz, no 107.4 da FM.

Desde a directiva de ACIA Foz explican que “a dinámica do xogo é a mesma de sempre. As persoas interesadas en levar un dos premios que se poñen en xogo deben facerse cos seus cartóns nalgún dos 41 establecementos comerciais que participan no Campañazo e despois os venres pola noite teñen que seguir os sorteos desde algún dos 13 bares, mesóns e restaurantes que se dan cita tamén nesta campaña. O primeiro que cante o Campañazo e que chame a Radio Foz para comunicalo será o que leve os 300 euros en vales de compra. E haberá tamén outros 300 euros para o resto de cartóns premiados”. 

No Campañazo de Foz participarán os seguintes establecementos comerciais: Alain Afflelou Óptica, Asesoría Marcos Fernández, Buxo Xogos, Casa Moreda, Cenor Belianorte, Centro Dietética Alba Vila, Centro Óptico Eliseo, Chuvia, Construcciones y Canalizaciones José Saa, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Din&Don, Don Zapato, Electricidad Núñez, Estación de Servicio Foz, Estación de Servicio La Ola, Estanco nº2 (García Lorca), Farmacia Antonia Ulloa, Ferretería Fuente, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Kukadas, La Flor Abulense, Lencería Esther, Librería Bahía, Lourdes Moda Íntima, María Docampo, Mi Momento Gourmet, MRW, OfiFoz, Pastelería Anduriña, Peluquería Luz, Peluquería Ramoné, Salai Campo, Sueños, Suministros Veipa, Unique 2, Vagaluz, Viajes Rodríguez e Zapatería Carmen León. 

Ademais nesta campaña, organizada por CCA/ACIA Foz, tamén participan os seguintes locais de hostalería: A Viela, Acuario, As Brasas, Cafetería Express, Cafetería Happy Days, Casa Damián, Casa Maño, Costumes do Mar, Pizzería Xoiña, Portochico, Restaurante Dandy, Tangarte Mariñeiro e Xoyma.

O Concello de Foz e Radio Foz colaboran co CCA de Foz na organización desta actividade para incentivar as compras no comercio de proximidade e o consumo nos locais de hostalería da vila.