O Campo da Cabana, de Foz, convértese nun parque acuático do 22 ao 25 de xullo. Gravity é un gran tobogán, único en Galicia, que se estrea na Mariña.

A concelleira de Xuventude e Deportes, Gema Méndez Leivas, presentou o pequeno parque acuático no que se converterá a pista polideportiva do Campo da Cabana. 

A edil contou que “contaremos co Gravity, un gran tobogán, único en Galicia e que se estrea na Mariña. Nel, mozos/as e maiores poden lanzarse e saltar pola súa impresionante rampla de 35 metros de altura. Os/as máis pequenos/as, que non cheguen a 1,50m, poderán gozar do deslizador Selva, con dous tobogáns de 18 metros. Estreará este pequeno parque acuático a rapazada do programa Aberto x Vacacións, o xoves pola mañá, e na xornada de tarde xa poderán inscribirse todas as persoas que o desexen. Será necesaria a inscrición previa, na mesma pista polideportiva, para as diferentes quendas de mañá e tarde”.

Os horarios nos que estará aberto serán: xoves de 16 a 19 horas; venres, sábado e domingo, de 12 a 14 horas e de 16 a 20 horas. 

Gema Méndez engadiu: “en Foz, mollámonos, pero farémolo con moito sentidiño, para o que contaremos, como vén sendo habitual en todas as actividades que organizamos, cun protocolo de prevención da Covid19”. 

A concelleira de Xuventude e Deportes anima a participar, tanto a maiores como pequenas/os, neste divertido parque acuático, “no que pasarémolo en grande, pero con xeito. É posible continuar realizando actividades, de forma segura”.