O Castelo de Castrodouro, en Alfoz, terá horario especial na Semana Santa do 10 ao 16 de abril.

A oficina de turismo de Alfoz, ao igual que o Castelo de Castrodouro, terán un horario especial durante a Semana Santa. 

Estas instalacións permanecerán abertas dende o luns, 10 de abril, ata o domingo, día 16, en horario de 11:00 a 14:00 horas polas mañás, e de 16:00 a 19:00 horas ás tardes.

Na actualidade o Castelo de Castrodouro acolle tres exposicións. Unha delas é a recreación dunha antiga escola, e outra mostra refírese ao cambio climático, os seus efectos e as súas posibles solución. Ademais no Castelo tamén se pode visitar o Museo das Zocas, e o miradoiro ao aire libre no alto da torre. A entrada é gratuíta.