O CCA de Foz sorteará 500 euros en vales de compra na súa campaña do día da nai. O sorteo será o 6 de maio.

O Centro Comercial Aberto de Foz sorteará 500 euros en vales de compra na súa campaña do día da nai. 

Todas aquelas persoas que durante estas xornadas realicen as súas compras nos establecementos asociados ao CCA focense entrarán no sorteo de cinco vales de compra de 100 euros cada un para gastar ao longo das vindeiras semanas. 

O sorteo terá lugar o 6 de maio a partir das 11 da mañá e poderá seguirse en directo a través da emisora local Radio Foz. 

O presidente de ACIA/CCA, José Carlos Paleo, anima “a realizar as compras desta tradicional data no comercio local, no que temos a carón da casa. En Foz podemos atopar todo o que precisamos para agasallar ás mamás nun día tan especial”. E engade: “e despois toca celebralo coa familia na hostalería local. Contamos cun sector da restauración moi importante, disposto a sorprender coas súas propostas gastronómicas”.