O CCH de Viveiro e Prato-Do poñen en marcha de novo unha campaña de colaboración con Cines Viveiro os días 18 e 19 de novembro

O obxectivo destas colaboracións é poñer en valor “o cine”, un sector tan sumamente castigado nos últimos tempos e que non podemos permitir que desapareza o único que queda en Viveiro. Por este motivo, o CCHV, a Asociación Prato-Do co seu proxecto Viveiro Sostible e Cines Viveiro continúan a sumar forzas para fomentar e apoiar a cultura cinematográfica nos mais novos.

Estas asociacións explican que "o ano pasado iniciamos este tipo de colaboracións, no que se ofrecían descontos en forma de vales para animar ós pais e nenos a ir ó cine e a iniciativa foi moi ben acollida. Para esta fin de semana, poremos en marcha de novo esta iniciativa para achegar o cine a tódolos pequenos. Consiste nun vale desconto de 2€ para o sábado 18 ou o domingo 19 de novembrocon 3 películasde animación e aventurasa elexir,“Trolls 3, “La Patrulla Canina” y “Una familia de Superhéroes”. 

Estes vales serán entregados nos colexios da zona para que cheguen directamente ós nenos, CEIP Pedrosa Latas de Celeiro, CEIP Landro, EEI San Roque, CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo, CEIP Plurilingüe de Covas e o CEP Lois Tobío.

Na última edición desta iniciativa proxectáronse as películas en duas fins de semana seguidas, para que o puidese aproveitar o máximo publico posible. Nesta ocasión será só unha fin de semana debido a problemas de calendario coas últimas estreas.

E sinalan: "agradecemos moito o esforzo que fai Cines Viveiro para ter nunha vila como Viveiro as últimas estreas de grandes películas ó mesmo tempo que nas grandes vilas". 

O desconto será directo ó presentar o vale en taquilla, pero tamén se pode canxear previamente ó comprar a entrada online en www.cinesviveiro.com co código CINE4, este sistema é moi rápido e sinxelo e garantiza que xa tes o teu sitio reservado ó chegar. O aforo é limitado e por iso se recomenda o sistema de sacar a entrada online. Igualmente, o cine abrirá as súas portas 30 minutos antes do inicio da sesión para que a xente poida ir con tempo e así intentar evitar as esperas.  

O cine está en funcionamento con películas tódalas fins de semana, estreas aquí ó ladiño da casa e que podemos aproveitar para vivir “experiencias” xunto ós nosos. 

As asociacións organizadoras desta iniciativa apostan "por crear sinerxías entre sectores e axudar á recuperación do sector audiovisual. O éxito das pasadas convocatorias fainos repetir novamente esta colaboración a 3 bandas".