O CCH de Viveiro sorteará diversos regalos na súa campaña de San Valentín, que terá lugar do 2 ao 14 de febreiro

Desde o CCH explican que “realizaremos un sorteo con premios moi amorosos, dúas ceas románticas, unha masaxe en parlaa, dez mojitos da paixón, cinco botellas de espumoso rosado galego Brinde de Rosas e tres caixas doces. O xeito de participar é moi sinxelo, só hai que descargar a App ViveiroCCH onde está habilitada a campaña, e subir os tíckets de compra de calquera dos negocios asociados do 2 de Febreiro ó 14 de febreiro de 2024 (ambos incluídos). Non hai importe mínimo para poder participar e o sorteo será o 15 de Febreiro de 2024 ás 12:00 horas a través da propia APP. Gravarase o sistema de sorteo para difundilo posteriormente en rrss e tamén avisaremos directamente ós gañadores de que poden recoller os premios ata o 3 de marzo de 2024”.

No Centro Comercial Histórico de Viveiro indican que “a finalidade deste concurso é a promoción da campaña de San Valentín en Viveiro, potenciar a compra no comercio local, facer un sorteo divertido e de paso botar unha man a todos aqueles despistados/as que se lles pase o detalliño destas datas, e así podelo solucionar con algúns destes premios. Ó longo deste días ambientaremos as rúas con música romántica a través do fío musical instalado por todo o centro de Viveiro. Animamos á xente a participar no sorteo, mercar en Viveiro, pasear polas rúas desfrutando do seu ambiente, do bo tempo e da nosa hostalaría. Porque en Viveiro, como di o lema da campaña Namorámonos do comercio local, un comercio profesional e cun trato persoal, e sobre todo un comercio que da vida á nosa vila”. 

E engaden: “con esta iniciativa intentamos dinamizar esta data comercial importante para o comercio local, poñendo en marcha iniciativas e premios para agradecer a fidelidade dos clientes, e acadar que Viveiro continúe a ser, unha vez máis, referente de compras en toda a comarca, sempre contando ca colaboración da Xunta de Galicia dentro dos programas de dinamización de centros comerciais abertos”.