O Centro Comercial Histórico de Viveiro sorteará unha escapada romántica a París dentro da súa campaña de San Valentín. O sorteo será o 15 de febreiro.

Baixo o lema “Ven ó Centro Comercial Histórico de Viveiro e déixate namorar polo seu comercio” a asociación de comerciantes pon en marcha a partir do 9 de Febreiro a campaña de San Valentin 2018. Nesta ocasión sortearase una escapada romántica a Paris do 9 ó 12 de Marzo. 

O premio inclue 3 noites nun hotel 3* con almorzo, vó dende Santiago a Paris e viceversa, e seguro de viaxe. 

O xeito de participar é moi sinxelo, o Xoves 15 de Febreiro instalarase a carpa da Asociación na Praza da Fontenova, en horario de 11 a 13:30  e de 17 a 20 horas. Os interesados poderán participar entregando un ticket de compra de calquera dos negocios asociados ó CCHV, cun importe mínimo de 10€. No reverso do ticket porán os seus datos de contacto e depositarase nunha urna habilitada ó efecto. A data dos tickets de compra poderá ser dende o venres 9 de febreiro ata o xoves 15 de febreiro. 

O sorteo realizarase ese mesmo día, 15 de Febreiro ás 21:00 horas nas oficinas da Asociación. Comunicaraselle de inmediato ó gañador. No caso de renuncia ó premio, procederase á extracción dun novo ticket ata que apareza gañador. 

Con esta campaña, a asociación de comerciantes aposta unha vez máis por premiar a fidelidade dos seus clientes,  cun agasallo moi especial para estas datas. 

As bases do sorteo e toda a información pódense consultar na web www.viveirocentro.com, e nos perfis de Facebook, Twitter e Instagram.