O Concello de Cervo impulsará o Camiño do Mar. A primeira actuación terá lugar o 19 de maio.

Co obxectivo posto no Xacobeo 2021 o Concello de Cervo, conxuntamente coas distintas asociacións do municipio, quere impulsar e poñer en valor o tramo que discorre polo termo municipal e que forma parte do coñecido como Camiño do Mar, a través do programa que foi bautizado como Cervo no Camiño.

A primeira actuación que se vai levar a cabo para darlle difusión a esta ruta será o vindeiro domingo, 19 de maio, cando se realizará unha camiñada para percorrer este tramo do Camiño ao seu paso polo municipio.

A segunda actuación será realizar distintos tramos do Camiño de Santiago desde Pedrafita ata Santiago. Xa están concretadas algunhas das datas que aquí vos avanzamos.

AS ETAPAS DO PROGRAMA CERVO NO CAMIÑO

ETAPA 0: SARGADELOS - SAN CIPRIÁN (19-05, 7km)

ETAPA 1: O CEBREIRO- TRIACASTELA (02-06, 21,1km)

ETAPA 2: TRIACASTELA- SARRIA (09-06, 18,3 Km)

ETAPA 3: SARRIA- PORTOMARÍN (16-06, 25 km)

DESPOIS DO VERÁN: (DATAS A CONCRETAR)

ETAPA 4: PORTOMARÍN - PALAS DE REI 25 km

ETAPA 5: PALAS DE REI- FRAGA ALTA 22 km

ETAPA 6: FRAGA ALTA- ARZÚA - A BREA 20 km

ETAPA 7: A BREA - O PEDROUZO -SAN MARCOS 21 km

ETAPA 8: SAN MARCOS – SANTIAGO 5.7 km

As persoas interesadas en participar nesta primeiro roteiro do 19 de maio poden inscribirse ata o día 15 deste mes na Casa da Cultura (982 59 51 57), no Concello, ou a través da dirección casadacultura@concellodecervo.com.

Haberá servizo de autobús para a ida e a volta. Tamén se poden anotar agora para realizar as demais rutas. De todos os xeitos, ata o mércores anterior á data marcada para cada roteiro poden inscribirse e participar.