O Concello de Cervo organiza obradoiros infantís sobre o Entroido os días 5, 7 e 9 de febreiro

O Concello de Cervo arrinca cos obradoiros infantís que xirarán sobre a temática do Entroido os días 5, 7 e 9 de febreiro -luns, mércores e venres- de 17:00 a 18:30 horas. Están dirixidos ás crianzas de entre 6 e 12 anos.

O luns 5 desenvolverase un obradoiro de máscaras Picasso, o do mércores 7 será de máscaras de cigarrón e o do venres 9 estará dedicado á creación dun photocall de Entroido.

Para participar inscriben na Casa da Cultura (teléfono 982.59.51.57).