O Concello de Cervo segue entretendo á veciñanza que está estes días na casa. Hoxe faino cun bingo e cun reto.

Para participar nesta iniciativa as instruccións son as seguintes: 
1- Descarga o taboleiro do bingo no Facebook do Concello ou no Instagram @cervocultura.
2- Marca as casas de todas as cousas nas que participaches.
3- Comparte o teu taboleiro e etiqueta a tres cervenses para que se sumen ao reto.
A xogar!