O Concello de Ribadeo oferta 91 prazas nas escolas deportivas de verán. O prazo de inscrición estará aberto do 24 ao 31 de maio.

As escolas deportivas de verán do Concello de Ribadeo ofertan un total de 91 prazas en catro modalidades: pesca deportiva, piragüismo, surf e vela. O prazo de inscrición estará aberto do 24 ao 31 de maio. En caso de haber máis demanda que prazas ofertadas o acceso será por sorteo, que tería lugar o 2 de xuño. As escolas foron presentadas hoxe polo concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, e polo técnico municipal de Deportes, Iván López. 

O edil ribadense dixo que “outro ano máis convocamos as Escolas Deportivas de Verán do Concello de Ribadeo. Hai catro especialidades: pesca deportiva, surf, piragüismo e vela. En total son 91 prazas e a matrícula estará aberta do 24 ao 31 de maio. O prezo da matrícula son 40 euros. Se en calquera desas especialidades hai máis solicitudes que prazas sortearanse o día 2 de xuño”. E engadiu que “as escolas estarán en funcionamento en xuño, xullo e agosto”.