O Concello de Trabada conmemora o Día da Muller coa proxección da película O Corno este venres, 8 de marzo

Para conmemorar o Día Internacional da Muller o Concello de Trabada organiza a proxección da película titulada O Corno. Será este venres, 8 de marzo, ás 21:00 horas na Casa da Cultura.

O Concello de Trabada explica que este filme “dirixido por unha muller, Jaione Camborda, conta a historia de María, unha loitadora que saíu adiante grazas ao esforzo e traballo a pesar de tódalas dificultades coas que se encontrou no seu camiño”.