O Concello de Viveiro programa rutas de sendeirismo e percorridos panorámicos durante a Semana Santa do 11 ao 16 de abril.

O Concello de Viveiro, a través da súa Concellería de Turismo, programa unha serie de visitas guiadas con motivo da Semana Santa. As diferentes propostas consisten en percorridos panorámicos polo municipio ou rutas de sendeirismo coas que coñecer novos lugares en Viveiro.

A primeira ruta “Vivertren al Souto da Retorta” será o luns 11 de abril ás 11:00, un percorrido panorámico no que visitar o monumento natural “O avó”, a árbore de maior volume en España, así como admirar a arquitectura indiana.

O martes 12 de abril tamén ás 11:00 organízase “Ruta de Os Muíños de Balea”, cunha lonxitude de 6 quilómetros na que coñecer distintos muíños.

O mércores ofrécese unha vista ao Complexo Regal Xunqueira, no que gozar da arte e artesanía local nestes museos.

O xoves 14, o Vivertren realizará o percorrido panorámico visitando Covas e Celeiro ás 16:00.

Mentres que o venres 15 proponse unha ruta ao monte de San Roque tamén ás 16:00, na que ascender ao cume deste monte, a 350 metros sobre o nivel do mar.

As visitas péchanse o sábado 16 co Vivertren á Área Etnográfica da Insua ás 11:00, para coñecer a actividade de carga de minerais da zona.

As inscricións deben realizarse no correo electrónico viveirovisitas@gmail.com.

Todas as rutas terán como punto de partida a estación de autobuses de Viveiro.