O Concello do Valadouro organiza unha nova edición do seu Ludiverán do 5 de xullo ao 31 de agosto. A insrición está aberta.

O Concello do Valadouro organiza unha nova edición do seu Ludiverán. Será do 5 de xullo ao 31 de agosto. As actividades están orientadas a rapaces e rapazas nados entre os anos 2009 e 2017 e terán lugar entre as dez da mañá e a unha do mediodía. 

Terán preferencia, sempre por rigorosa orde, os que se inscriban entre os días 21 a 25 de xuño. Desde o Concello recomendan que a inscrición se faga preferentemente por medios telemáticos (sede electrónica ou e-mail cultura@valadouro.gal). Se non fose  posible farase en persoa nas oficinas da Casa da Cultura con cita previa no 982571516 ext.1 de 10:00h. a 14:00h e de 16:00 a 20:00h de luns a venres.

Bases e modelo para a solicitude   https://bit.ly/3zzWH8F