O documental "Xove, democracia nuclear" proxectarase en Viveiro o 25 de outubro

A Fundación Galiza Sempre presenta o 25 de outubro, mércores, o filme documental “Xove, democracia nuclear”. A obra, que recolle a loita das veciñas e veciños da comarca da Mariña contra a central nuclear de Xove na década dos anos 70, proxectarase ás 19:30 horas no Salón de Usos Múltiples do Concello de Viveiro.

“Xove, democracia nuclear” é un filme dirixido polo xornalista leonés Pedro Lechuga Mallo e nel participan militantes históricos do nacionalismo e veciñas e veciños da comarca da Mariña que xogaron un papel vital na oposición á central nuclear. Un deles, Francisco Luís R. Guerreiro, será o encargado de guiar o coloquio posterior á proxección do documental.

A entrada é de balde até completar o aforo.