O grupo de teatro Andanzas, de Viveiro, presenta no Vicedo unha homenaxe aos irmáns Álvarez Quintero este domingo, 11 de febreiro

Volve o teatro afeccionado á Casa da Cultura do Vicedo. Nesta ocasión o domingo 11 de febreiro ás 19:00 horas o grupo Andanzas, de Viveiro, presenta unha homenaxe aos irmáns Álvarez Quintero con 3 obriñas: "Sangre gorda", "Mañanita de Sol" e "Ganas de Reñir". 

A organización desta actividade destaca que “este grupo de teatro afeccionado Andanzas xa estivo en máis ocasións no Vicedo e sempre con gran éxito”.