O grupo teatral O Centiño, de San Martiño, representa a obra “O Autobús” este sábado, 18 de abril, en Marzán (Foz)

A asociación veciñal O Torques, de Marzán, anuncia que o grupo teatral O Centiño, de San Martiño, representará a súa obra O Autobús, recentemente estreada, este sábado, día 18 de abril, ás 19:30 horas no Local Social de Marzán (Foz).

O Centiño explica que é  “unha comedia con momentos para a reflexión, escrita por Pepe Peinó, cuxa acción ten lugar no interior dun autobús”. Nesta obra “sete actores dan vida a diversos personaxes: unha turista inglesa, un xubilado, un gandeiro do rural galego, unha esteticista, un ama de casa e un profesor, acompañados, como é natural, polo chofer do autobús. Preséntase a viaxe como unha metáfora da vida, que se lle parece moito, con diversos sucesos e paradas, con diversa problemática, obstáculos e vivencias, e, no remate da liña de autobús, cun final definitivo. Afírmase a necesidade de convivir, de moverse, de buscar experiencias variadas para seguir vivindo”.