O historiador Xoán Ramón Fernández Pacios ofrece unha charla sobre a conserveira Dalo, de Foz, o 25 de marzo.

A asociación Mariña Patrimonio organiza unha charla do historiador focense Xoán Ramón Fernández Pacios sobre a conserveira DALO, de Foz. Será este xoves, 25 de marzo, ás 19:30 horas en directo a través do Facebook do colectivo.

Mariña Patrimonio explica que “debido a un problema técnico na charla do pasado día 12 non puidemos escoitar a intervención de Xoán Ramón Fernández Pacios sobre As industrias de Damián López (DALO), de Foz, centrándose na súa faceta madeireira, na do tráfico marítimo de cabotaxe así como na actividade conserveira. Polo tanto, convidámosvos de novo este xoves, día 25, ás 19:30 horas para poder asistir, por medio do Facebook de Mariña Patrimonio, a dita intervención”.