O parque de San Francisco, de Ribadeo, acolle as xornadas gastronómicas da Semana Santa do 12 ao 15 de agosto.

O parque de San Francisco, de Ribadeo, acolle do luns 12 ao xoves 15 deste mes as tradicionais xornadas gastronómicas que organiza en agosto a asociación Amigos da Semana Santa ribadense para recadar fondos.

Serán todos os días a partir das 19:30 horas e o luns 12 están dedicadas ao churrasco, o chourizo e os mexillóns; o martes 13 poderán degustarse mexillóns e sardiñas; mentres que o mércores 14 e o xoves 15 servirán churrasco, chourizo e mexillóns.

Para a organización destas xornadas gastronómicas a asociación Amigos da Semana Santa ribadense conta coa colaboración de: Concello de Ribadeo, Faro Norte Comunicación, Cadena Cope-Cadena 100, El Progreso,  Construcciones Alejandro López Rodríguez-O Chispa, Bodegas Castillo San Damián, Sendín Electricidad, Fogar do Mariñeiro Hotel e Bar Restaurante Marinero, O Nido de Robin, Oviedo Bar 2 Rolle, Panificadora del Eo, Panadería Bollería Paleo, Marta Enmarcado y Decoración e Gráficas Ribadeo.