O parque de San Francisco, en Ribadeo, será escenario o 25 de agosto dun Guateque dos anos 60 e 70. Está organizado pola comisión de Entroido. Colaboran Acisa e o Concello.

Acisa e o Concello de Ribadeo colaboran coa comisión do Entroido na organización do Guateque dos anos 60 e 70 que se celebrará o vindeiro sábado, 25 de agosto, a partir das 20 horas no parque de San Francisco.

Haberá tortilla, empanada, bolos preñados e doces caseiros. A cita estará amenizada con música dos anos 60 e 70. Francisco Iriarte, o presidente de Acisa, considera que “é unha boa forma de despedir practicamente o mes de agosto en Ribadeo. O Guateque é unha cita moi bonita pola que hai moita xente agardando. E ademais é unha maneira de colaborar co Entroido ribadense”.