O programa Cultura na Rúa inclúe tres actos infantís para os días 26 e 27 de setembro en Foz.

O programa Cultura na rúa, organizado polo Concello de Foz, inclúe tres actos dirixidos ao público infantil para esta fin de semana na vila focense.
 
A Delegación de Cultura do Concello de Foz está a seguir co programa Cultura na rúa esta fin de semana de comezo de outono, dedicada aos máis pequenos. As actividades son gratuítas, en colaboración coa Consellería de Cultura, da Xunta de Galicia, dentro do programa Cultura no Camiño.
 
O sábado, día 26, na Praza do Concello ás 18:00 horas O Capitán Garfo ofrecerá o concerto didáctico Cociñando música.
 
E o domingo 27 haberá dúas actividades no polideportivo do Campo da Cabana: ás 18:00 horas estará o mago Dani García co show Don Gelati e ás 19:00 horas a compañía Muu representará o espectáculo de circo e clown titulado Crunch!