O restaurante O Asador, de San Cosme de Barreiros, acollerá o seu 2º Showroom de Vodas, Bautizos e Comuñóns os días 3 e 4 de marzo.

O restaurante O Asador, de San Cosme de Barreiros, organiza o seu segundo showroom de vodas, bautizos e comuñóns os días 3 e 4 de marzo de 2018, sábado y domingo. Neste evento colaboran, dando a coñecer os seus traballos, outras trece empresas: Decoraciones Pura, de Foz y Burela; Centro médico estético Coida de ti, de Barreiros; Floristería Sefa, de Mondoñedo; Celebra o teu día, de Burela; Peluquería Cid, de Barreiros; Boutique Catycris, de Xove; ElFarero Audiovisuales, de Ribadeo; Pastelería Cabaleiros, de Vilanova de Lourenzá; Discomóvil Eventec, de Mondoñedo; Viajes Rodríguez, de Foz; Oscar Rodríguez Joyeros, de Viveiro; Auto Forum, da Coruña; e Rec Audiovisual, de Barreiros.

O segundo showroom de vodas, bautizos e comuñóns no restaurante O Asador, de Barreiros, será inaugurado o sábado 3 de marzo ás cinco da tarde e todos os asistentes serán obsequiados cun viño español de 19:00 a 20:00 horas. Ademais sortearase unha fin de semana nun hotel da Toxa. 

O domingo 4 de marzo o evento estará aberto desde as doce do mediodía e ás seis da tarde haberá un pase de modelos a cargo de Catycris, Peluquería Cid, Centro Estético Coida de Ti, Óscar Rodríguez Joyeros e Floristería Sefa. Será presentado pola actriz Estíbaliz Veiga. Ás 20:00 horas sortearanse 3 ceas para dúas persoas e a clausura será cun vino español.

A entrada, tanto o sábado como o domingo, será libre e gratuíta para todas as persoas que queiran asistir.

O showroom foi presentado polos organizadores, os responsables do restaurante O Asador, de Barreiros, e o portavoz, Amable Terrón Rouco, explicou que “o sábado inaugurará o evento o alcalde de Barreiros ás cinco e ese mesmo día faremos un sorteo dun fin de semana nun hotel da Toxa entre todos os asistentes que pasen polo showroom. O domingo, día 4, abriremos o evento a partir das doce e ese é o día forte. Temos un pase de modelos, acto no que hai dous anos houbera moita xente; será a partir das seis da tarde e presentarao unha coñecida actriz veciña de aquí, que é Estíbaliz Veiga. Despois, ás oito da tarde, coincidindo coa clausura, faremos un sorteo de tres ceas para dúas persoas e pecharemos cun viño español”.

Amable Terrón engadiu que “a entrada é gratuíta. Esperamos que toda a xente que queira, simplemente por curiosidade ou porque ten un evento nas próximas datas, pase a vernos. Isto está pensado para que todo o mundo que queira vir a ver como se desenvolve, qué tendencias hai agora mesmo en banquetes, non só de vodas, e para coñecer as nosas instalacións, evidentemente. Están todos convidados, non soamente os que teñan un banquete nas próximas datas, senón polo que poidan ter no futuro ou simplemente para unha toma de contacto e coñecer as instalacións”.

O voceiro do restaurante O Asador lembrou que “para a primeira edición xurdiu a idea, pois por aquí non se facía nada disto, e quedamos bastante contentos; por iso decidimos repetir. De feito a xente pensaba que íamos facelo cada ano pero nós cremos que cada dous é bastante, tanto por novidades como por organización”.