O salón de beleza Briz, de Foz, dedica o seu escaparate a expoñer obras de artistas da zona. A primeira mostra é da ceramista Chus Lage.

O salón de beleza Briz, de Foz, decidiu dedicar o seu escaparate a lugar de exposición de obras de artistas da zona. Esta iniciativa, que acaba de poñerse en marcha, inaugurouse cunha mostra de varias pezas da ceramista Chus Lage.

A propietaria do salón de beleza Briz, Kathy Navarro, decidiu levar a cabo esta idea porque “o local ten un gran escaparate cara á Avenida da Mariña, que é unha das rúas principais de Foz, e creo que é unha boa maneira de aproveitalo. Empezamos esta iniciativa con pezas da ceramista mindoniense Chus Lage, que estarán expostas durante todo este mes de maio. Despois iremos facendo o mesmo con obras doutros artistas da zona”.

Chus Lage explica que empezou no mundo da cerámica no ano 1986 en Mondoñedo “con un alfarero de la zona al que chamaban Patrulla. Con él estuve 10 años y durante ese tiempo también estudié cerámica artística en la escuela de artes plástica Ramón Falcón, en Lugo, obteniendo el título en el año 1997. Desde 2002 y durante 14 años tuve mi propio taller en el barrio Os Muiños, en Mondoñedo. Expuse mis obras en muestras de Cervo, Burela, Ribadeo y Lugo. Impartí varios cursos de alfarería y cerámica artística para adultos y para niños en Mondoñedo, Foz, Lourenzá y Riotorto. Después de unos años en los que dejé un poco de lado la cerámica ahora vuelvo a trabajar en ella incluso con más ganas que antes”.

Sobre o salón de beleza Briz, Kathy Navarro lembra: “foi aberto o 13 de agosto de 1982 pola miña aboa Delfina Méndez Lombardía, que se xubilou no 2017 e tomei eu o relevo. En outubro do 2020 comprei un local de 200 metros cadrados nas galerías que hai xusto enfronte ao local onde antes estábamos de aluguer. E agora este novo gran espazo propio permítenos poder levar a cabo diferentes actividades, tanto a incorporación de novos servizos de beleza como esta colaboración para promover a arte local”.

Kathy Navarro destaca que o salón de beleza Briz “non pecha nunca por vacacións, pois as traballadoras facemos quendas para seguir prestando os servizos, nin para as remodelacións, que sempre cadramos nos días de descanso. Entre miña aboa e eu Briz leva aberto case 41 anos ininterrompidamente na Avenida da Mariña de Foz”.