O Vicedo acollerá unha charla sobre nen@s con mal comportamento o 4 de marzo

Na Casa da Cultura do Vicedo terá lugar unha charla sobre nenos e nenas con mal comportamento e como axudalos. Será o luns 4 de marzo ás 17:00 horas.

Esta actividade será impartida por Carolina García Chico, que é pedagoga especialista en Pedagoxía Terapéutica e Intervención Familiar.

Organiza o colectivo Educando en Familia e colabora o Concello do Vicedo.