O XIII Festival Infantil da Subela terá lugar o 28 de xaneiro na Sala Bahía, de Foz.

Este sábado, 28 de xaneiro, ás 17:30 horas na Sala Bahía de Foz celebrarase o XIII Festival Infantil da Subela, no cal renderán homenaxe á figura da pescantina.

A organización anuncia: “ademais teremos o pracer de desfrutar da música e baile da asociación Falcatrueiros, de Monterroso. Anímate a vir e colabora co Banco de Alimentos de Foz facendo unha doazón de alimentos non perecedoiros. Haberá biscoito e chocolate”.