Os Sendeiros de Foz colocarán o Belén de Cumes o 16 de decembro no Pico da Frouxeira.

A asociación Os Sendeiros de Foz colocará o sábado 16 de decembro o seu Belén de Cumes no pico da Frouxeira.

A saída será o sábado ás 9:00 horas do Concello de Foz.

Esta actividade é gratuíta, está incluído o seguro de accidentes, pero para participar é obrigatorio anotarse antes do mércores 13 de decembro.

As persoas interesadas poden apuntarse a través dos números de teléfono 676 561 594 (Nelli) e 670 369 017 (Moris).

Os organizadores suxiren aos participantes que leven figuras para facer máis grande o belén.

O Concello de Foz colabora con esta actividade.