Os Sendeiros, de Foz, farán o 12 de novembro unha ruta de O Barqueiro a Estaca de Bares

A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza para o 12 de novembro, domingo, unha ruta desde o Barqueiro ata Estaca de Bares. A saída desde Foz será ás 08:00 horas e ás 08:20 horas desde Ferreira do Valadouro.

Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 35 euros para socios federados, 40 euros para socios non federados e 45 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata o 8 de novembro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.