Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta á Fervenza do Escouridal, en Alfoz, o 7 de xullo. Así dan comezo os andareiros deste verán.

Os Sendeiros de Foz organiza a ruta á Fervenza do Escouridal, en Alfoz, o 7 de xullo. Con esta actividade dan comezo os andareiros de verán 2018.

A saída será ás 9:00 horas da praza de Galicia, e os participantes visitarán, entre outros lugares, a cascada do Escouridal, que é unha das maiores de Galicia. 

O prezo é de 3 euros para as persoas non federadas, seguro de accidentes obrigatorio. Para participar os interesad@s deben anotarse antes do venres 6 de xullo, e poden facelo nos números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es

A organización informa que a ruta ten unha dificultade media e recomenda levar equipo de sendeirismo, auga e comida. Colabora nesta actividade o Concello de Foz.