Os Sendeiros de Foz organizan a 9ª Marcha Nocturna, que terá lugar o 14 de agosto. Discorrerá entre a praza de Conde Fontao e o Paseo de Malates.

Os Sendeiros de Foz organiza a 9ª Marcha Nocturna Rúas de Foz-Paseo de Malates o 14 de agosto.

A saída será as dez da noite da praza Conde Fontao.

O prezo é 3 euros para os non federados, seguro de accidentes obrigatorio. As inscricións poden facerse no e-mail ossendeiros@yahoo.es, e nos números de teléfono 606 794 110 e 670 369 017. O prazo para anotarse remata o vindeiro domingo, 12 de agosto.

A organización recomenda levar lanterna ou farol. Ao remate da marcha haberá unha gran chocolatada con biscoitos de balde.

Colabora o Concello de Foz.