Os Sendeiros de Foz organizan a Andaina contra o Cancro, que se celebrará o 31 de xullo. A inscrición está aberta.

Os Sendeiros de Foz organiza a Andaina contra o Cancro que terá lugar o vindeiro domingo, 31 de xullo.

A saída será ás 10:00 horas da Praza do Concello.

As persoas interesadas en participar poden facer a súa inscrición ata o venres 29 nos números de teléfono: 628 437014 da AECC Foz e 670 369 017 de Sendeiros de Foz. 

Colaboran na organización deste evento: Asociación Española contra o Cancro e o Concello de Foz.