Os Sendeiros de Foz organizan o Belén de Cumes o 20 de decembro. Será no pico de Cornería.

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza, un ano máis, o seu belén de cumes o vindeiro domingo, 20 de decembro, e nesta ocasión será no pico de Cornería.

A saída será da capela do Carme de San Martiño ás 9:30 horas.

As persoas interesadas poden anotarse ata o 18 de decembro nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017. A actividade é de balde e inclúe o seguro de accidentes.

Os asistentes poden levar figuriñas para facer un belén de maior tamaño.

O Concello de Foz colabora na organización deste evento.