Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta ao castro de Doade, en Lalín, o 13 de marzo. Inscrición aberta.

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta por terras de Lalín o 13 de marzo.

A saída será ás 6:00 horas de Foz, diante de Cenor, e ás 6:15 desde Ferreira.

As persoas interesadas poderán anotarse ata o 9 de marzo nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. Os prezos serán de 50 euros para os socios federados, 54€ para os socios non federados e 58 euros para os socios temporais. Está incluído o bus e o xantar.

A ruta, cun nivel de dificultade medio, percorrerá a zona do Castro de Doade e os participantes desfrutarán dun cocido ademais de visitar un museo con  obxectos tradicionais e castrexos.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo, pasaporte covid e mascarilla.

O Concello de Foz colabora na organización deste evento.