Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta ao Castro de Doade, en Lalín, o 22 de marzo. A inscrición estará aberta ata o 18.

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta ao Castro de Doade, en Lalín o 22 de marzo.

A saída será ás 7:30 horas diante de Cenor en Foz e ás 7:50 horas dedesde Ferreira.

O prazo para anotarse remata o 18 de marzo e pode facerse nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. Os prezos son: 30 euros para os socios federados, 34€ para os socios non federados e 39 euros para o socio temporal. Está incluído o xantar, que consistirá nun cocido tradicional.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.

O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.