Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta de sendeirismo pola Fragavella en Mondoñedo o 9 de febreiro. A inscrición está aberta.

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta pola Fragavella de Mondoñedo o 9 de febreiro e á que asistirán membros do MIES de Oviedo.

A saída será ás 8:15 de Foz, diante de Cenor, e ás 8:35 horas de Ferreira.

Para participar é obrigatorio anotarse, antes do 5 de febreiro, nos números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prezo é de 25 euros para os socios federados, 29€ para os socios non federados e 33 euros para os socios temporais. Está incluído o xantar.

Os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo e informan que a ruta ten un nivel de dificultade media.

O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.