Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta polos Canóns do Sil os días 25 e 26 de xuño.

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta polos Canóns do Sil, os días 25 e 26 de xuño.

A saída será o sábado 25 ás 16:00 horas de Foz e ás 16:15 de Ferreira.

As persoas interesadas poden anotarse ata o 8 de xuño nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou en ossendeiros@yahoo.es. Os prezos son: 100 euros para os socios federados; 104 para os socios non federados; e 108 para o socio temporal. Inclúe hotel con pensión completa en habitación dobre. 

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.

O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.