Os Sendeiros de Foz participa no V Día do Sendeirista de Galicia que se celebrará o 3 de abril na Serra do Galiñeiro.

A asociación Os Sendeiros de Foz participarán nunha ruta con motivo do V Día do Sendeirista de Galicia, organizado por Montañeiros Celtas, que discorrerá pola Serra do Galiñeiro o 3 de abril.

A saída de Foz será ás 6:00 horas e de Ferreira ás 6:15 h.

As persoas interesadas en participar poden anotarse ata o martes 29 de marzo, nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou en ossendeiros@yahoo.es. Os prezos son: 38 euros para os socios federados, 42€ para os socios non federados e 46 euros para o socio temporal. Inclúese o bus e o xantar.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo, pasaporte covid e mascarilla. A ruta de 14 quilómetros de recorrido ten un nivel de dificultade medio.

O Concello de Foz colabora na organización deste evento.