Os Sendeiros de Foz participará no III Día do Sendeirista de Galicia o 14 de novembro en Cabeza de Manzaneda. Inscrición aberta ata o 5.

A asociación Os Sendeiros de Foz participará no III Día do Sendeirista de Galicia, que se celebrará en Cabeza de Manzaneda o vindeiro 14 de novembro.

A saída será o 13 de novembro ás 16:00 horas de Foz e ás 16:15 h. de Ferreira.

As persoas interesadas en participar deben anotarse a través dos números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prazo para inscribirse remata o 5 de novembro. O prezo para os socios federados é de 80 euros, para os socios non federados 84€ e para os socios temporais 89 euros. Inclúe aloxamento en pensión completa.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e mascarilla e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.

O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.