A parroquia focega de Santa Cilla celebra a súa VII Festa dos Callos o 28 de xaneiro.

A parroquia de San Cilla, no municipio de Foz, celebra a sétima edición da súa Festa dos Callos este sábado, 28 de xaneiro. Será no local social, dotado de calefacción.

Os actos empezarán ás 20:00 horas cun monólogo cómico a cargo de Avelino González. Ás 21:00 horas será a cea co seguinte menú: empanadas de bonito e de liscos, callos, sobremesa, viño, gaseosa e auga, pan e café.  O prezo é de 20 euros por persoa, pero para os nen@s ata 12 anos é gratis. As prazas son limitadas.

A Festa dos Callos de Santa Cilla está organizada pola Asociación Santa Cecilia coa colaboración do Concello de Foz.