Pedras de Cartón chega o 12 de marzo a Viveiro con "Quixote", unha obra dirixida ao público infantil de máis de 4 anos.

Pedras de Cartón representa Quixote este sábado, 12 de marzo, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro. A función, dirixida ao público infantil de máis de 4 anos, dará comezo ás 18:00 horas.

Esta obra recibiu o Premio Barroco Infantil no XLIV Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro 2021.

Trátase dun xogo cómico inspirado na coñecida obra de Cervantes. Un espectáculo para achegar os clásicos a toda a familia con humor e case sen palabras, no que don Quixote viaxa polas terras de Castela co seu velocípedo, acompañado do fiel Sancho e un triciclo cargado de maletas.

Dirixido por Laura Sarasola e interpretado por Juan Rodríguez e Pablo Sánchez, conta coa banda sonora orixinal de Davide González e un coidado vestiario realizado por Diego Valeiras.