Pico do Castro, de Foz, representa 'As mentiras teñen os pés pequeniños' en Burela este venres, 17 de novembro

O grupo teatral Pico do Castro, procedente de Foz e activo dende o ano 2014, presentará na Casa da Cultura de Burela a comedia para todos os públicos ‘As mentiras teñen os pés pequeniños’. Será este venres, 17 de novembro ás 21:00 horas.

Na obra, escrita e dirixida por Juan José Villarino, Bieito atópase sen querer en posesión dunha bota pertencente á dona do belicoso coronel Leóni, polo que terá que agudizar o enxeño para pasarlle a outro incauto a responsabilidade do asunto e ficar libre de represalias.

A representación forma parte do Circuíto de Teatro Afeccionado 2023, da Área de Cultura da Deputación de Lugo, e a entrada para vela será de balde.