A Pomba do Arco, de Foz, organiza o 26 de maio unha actividade lúdica infantil de divulgación da literatura e historia galegas.

A asociación cultural A Pomba do Arco en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística organiza o sábado, 26 de maio, a partires das 12:00 h enfronte da Casa do Mar de Foz unha xornada lúdica artística dedicada ao público infantil que ten como obxecto divulgar, dar a coñecer  e achegar aos máis novos aos nosos escritores.

O acto, que no caso de choiva se trasladaría as instalacións da propia Casa do Mar, consistirá en colorear por parte dos cativos e das cativas presentes undepregábel onde aparecen rostros de diversos escritores galegos, personaxes da súa obra así como diferentes espazos singulares das súas localidades natais.

O despregábel, elaborado pola Mesa pola Normalización Lingüística baixo o título d´O país das letras. é un poster xigante de 100 x 70 cm realizado polo recoñecido ilustrador galego Miguel Cuba Taboada ten como obxectivos divulgar a cultura, historia e a lingua de Galiza, fomentar a lectura en lingua galega para avanzarmos no proceso de normalización lingüística e difundir a literatura galega entre a xente nova.