A Praza do Concello, de Burela, acollerá os días 2 e 3 de setembro cine e circo. A entrada é de balde.

A Concellería de Cultura de Burela segue co seu ciclo Cine na Rúa coa proxección da película Detective Pikachu. Será o xoves, 2 de setembro, ás 22:00 horas na praza do Concello.

E o venres, 3 de setembro, a compañía Muu representará o espectáculo Crunch. Terá lugar tamén na praza do Concello ás 20:30 horas. Trátase dunha función de novo circo, clown, malabares, saltos mortais e caídas nun show todoterreo, a cargo dos superheroes Spunk e Scrunch.

Os eventos seguirán o protocolo covid, con máscara, hidroxel e distancia de seguridade entre o público asistente. A entrada é de balde.