A presentación do novo curso das escolas deportivas municipais de Foz será o 19 de setembro. As actividades comezarán o 2 de outubro.

O novo curso das escolas deportivas municipais de Foz será presentado mañá, martes, cun acto que se desenvolverá na Casa da Cultura ás seis da tarde. As actividades comezarán o día 2 de outubro, luns, e rematarán o 31 de maio.

Nas escolas deportivas municipais focenses poderán participar todos os alumnos nados entre os anos 2012-2002 (ambos inclusive). Deberán entregar unha fotocopia da tarxeta da seguridade social, adxunta coa ficha.
 
As cotas de inscrición para as actividades son as seguintes: 15 euros ao mes para os nenos/as que vaian a unha actividade; 17 euros ao mes para os nenos/as que vaian a dúas ou máis actividades. As familias numerosas terán un desconto do 50 por cento.  

As fichas de inscrición entregaranse na Casa da Xuventude.