Ribadeo acollerá un obradoiro teatral o 25 de setembro. Poderán participar de balde 15 persoas.

Ribadeo acollerá un obradoiro teatral que se celebrará, o vindeiro sábado, 25 de setembro, previo á función teatral da compañía Anabel Díaz Producciones, A casa de Bernarda Alba. Ás dúas actividades inclúense no ciclo Camiño Escena Norte, que trae á nosa comunidade compañías da cornixa cantábrica e leva a esas comunidades compañías galegas.

Segundo informa a Concellaría de Cultura ribadense o obradoiro, impartido pola directora da compañía, Anabel Díaz, abordará a contextualización do espectáculo A mamá: unha nova mirada da casa de Bernarda Alba. Desenvolverase no vestíbulo do Auditorio Hernán Naval, na rúa Bos Aires, 14, en horario de 17:30 a 19:00 horas. O número máximo de participantes é de 15 persoas, que deberán coñecer o texto ou ben a historia e trama do espectáculo. A inscrición pódese facer no correo coordinación@escenanorte.com e o prezo é de balde.

Neste obradoiro debullarase esta versión, dentro da visión e lectura feminista de Anabel Díaz, da peza de Lorca nun encontro que servirá para contextualizar o espectáculo que, na mesma tarde, se poderá ver no Auditorio Municipal Hernán Naval.