Ribadeo contará este Nadal por cuarto ano consecutivo con pista de xeo natural de tamaño XL. Será do 21 de decembro ao 7 de xaneiro.

Do 21 de decembro ao 7 de xaneiro Ribadeo contará por cuarto ano consecutivo cunha pista de xeo natural XL. O prezo das entradas será de 6 euros, pero aquelas persoas que fagan compras no comercio local asociado a Acisa a partir de 20 euros ou que consuman na hostalería local obterán un desconto do 50%. A novidade deste ano é que haberá sesións nocturnas de patinaxe os venres e os sábados de dez a doce da noite, acompañadas de música. A pista de xeo natural é unha iniciativa do Concello  e de Acisa. Na presentación que tivo lugar esta mañá participaron o alcalde, Fernando Suárez, e as concelleiras de Turismo e Xuventude, Ana Martínez e Vanesa Yanes, así coma o xerente e o vicepresidente de Acisa, Jesús Pérez e Juan Andina, e o vogal da asociación Ramón Loredo. 

O rexedor declarou: “qué mellor que combater este frío que vai haber neste Nadal, que con esta pista de xeo e coa calor que vai xerar tantísima xente que vai pasar aquí outro ano máis, neste caso vai ser a cuarta edición deste pista de xeo natural, de xeo XL, que imos montar en Ribadeo mao a mao, como sempre facemos, o Concello de Ribadeo e máis a asociación de comerciantes ribadense”.

Para Suárez Barcia “hai que ter en conta que Ribadeo compite nisto coas grandes cidades porque, que saibamos, ningunha vila mediana ou superior en poboación ao noso concello ten a pista de xeo, témonos que ir ben lonxe de aquí, en grandes capitais, para poder disfrutar de todo isto. Para os nenos, para os pequenos e as pequenas, e para os adultos porque é unha actividade transversal que, durante unha serie de días durante o Nadal, imos poñer aquí en Ribadeo”.

O alcalde contou que “mantemos os prezos do ano pasado e mantemos a filosofía. Non soamente traemos isto para que a xente o pase ben, que desde logo que si, pero sobre todo traémolo para que a xente compre no pequeno comercio, para que compre no comercio asociado de Ribadeo. De aí que todos os que fagan unha compra, de cando menos 20 euros, o comercio asociado de Acisa entregaralle un bono do 50% que poderá canxear aquí, e en vez de pagar 6 euros, pagará 3 euros por unha sesión de patinaxe nesta pista de xeo”.

Fernando Suárez engadiu que “este ano, ademais de manter iso, queremos darlle algo de máis dinamismo. Para iso nos fins de semana, singularmente os venres e os sábados, en horario nocturno, que é unha novidade para este ano, haberá un dj que poñerá música para emular ao Central Park de Nova York ou ao Rockefeller Center. Nosoutros non somos o alcalde de Vigo e as luces de Nadal, pero en todo caso tamén queremos emular eses lugares. Vaia por diante a modestia, pero intentámolo para que a xente veña, compre, coma, durma e o faga todo en Ribadeo. Con argumentos e con escusas como esta, estamos convencidos de que imos aportar o noso grao de area e que se vai notar no comercio local”.

Pola súa banda, o xerente de Acisa dixo: “desde Acisa estamos muy satisfechos, un año más, este es el cuarto en que vamos a tener esta pista de hielo natural, de casi 300 metros cuadrados. Estamos muy contentos con el trabajo que hacemos. Creemos que es una iniciativa que va a incentivar las compras y el consumo, o eso esperamos, por eso Acisa colabora un año más. Es algo que queremos recalcar, que un año más colaboramos con el Concello de Ribadeo en la instalación de la pista, y gracias a esa colaboración conseguimos, o tenemos el privilegio, de que nuestros establecimientos asociados puedan entregar tickets para patinar a mitad de precio. Acisa se encarga de costear la carpa que alberga la pista de hielo natural”. 

Jesús Pérez subliñou que “van a ser un total de 10.000 tickets los que repartiremos entre todos los establecimientos asociados, con un descuento de 3 euros sobre la entrada base. El reparto se empezará a realizar entre mañana miércoles o el jueves probablemente, y el viernes ya lo tendrán absolutamente todos los establecimientos asociados para poder empezar a distribuir. Los descuentos deberán ir grapados debidamente al ticket de compra o de consumición, superiores a 20 euros no acumulables”.

O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos quixo “reiterar el compromiso de Acisa con las actividades que desde el Concello o desde cualquier administración se realizan para el fomento del comercio y de la hostelería local, y reiterar el compromiso con una inversión como la que hacemos en este caso, que es muy elevada para nosotros, pero que creemos que también es muy solicitada por nuestros socios”.

E engadiu: “Desde ACISA Ribadeo confiamos en que esta nueva edición de la pista de hielo junto con la novedad introducida por el Concello incorporando este año sesiones nocturnas con DJ, ayude a dinamizar el comercio y la hostelería, y que ambos sectores se vean beneficiados. Como es lógico y normal, no se permitirá el consumo de bebidas alcohólicas en el interior de la pista ni en los alrededores, se trata de que la gente que quiera baile mientras patina, no de otras cosa que pueda perjudicar a la hostelería. Desde esta sección estas navidades estamos haciendo un gran esfuerzo para ayudar a nuestros socios: la pista de hielo, las bolsas gratuitas, la fiesta del comercio con 5.000 euros en premios, el árbol de Acisa en la plaza de San Roque, etc. Queremos que sean unas buenas navidades para nuestros asociados y todos los esfuerzos son pequeños para conseguirlo, pero seguimos trabajando intensamente”.

A pista de xeo natural de Ribadeo abrirá en horario de 11 a 14 horas e de 16 a 22 horas, agás o 24 e o 31 de decembro que pechará ás oito da tarde. Os venres e sábados haberá sesión nocturna con música de dez a doce da noite. A súa apertura está prevista para o vindeiro venres, 21 de decembro, pola tarde.