Pista
Dado o éxito da pista de xeo, ACIAM Xove decidiu ampliar os días de apertura para que todos os nenos e persoas que gustan de patinar teñan a oportunidade de disfrutar da mesma.
A pista, que en principio ía estar aberta ata o venres, 30 de decembro, agora vai prolongar a súa apertura ata o sábado 7 de xaneiro.
Os días que vai estar aberta na vindeira semana son: luns 2, martes, 3, mércores 4, xoves 5, (venres 6 pechada) e sábado 7 de xaneiro, sendo o horario diario de 16:30 a 21:30 h.
A nova pista de patinaxe con obstáculos elevados e con formas tipo mini ramp foi inaugurada na tarde de onte cunha exhibición de patinaxe e moita música
O alcalde, Alfonso Villares, dixo que: "con este novo espazo enriquecemos a oferta deportiva e de lecer do noso municipio, que suma novas infraestruturas como lugares de encontro para a mocidade".
Esta actuación é posible grazas á colaboración da Xunta de Galicia que aporta o 70% do orzamento que supoñen estes novos espazos.
A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, anunciou que o Concello xa rematou a obra de construción da pista de pádel da vila.
A rexedora remarca que “o principal obxectivo deste proxecto é proporcionar ao municipio de Trabada, e a todos os seus veciños e veciñas, unha nova instalación deportiva para a práctica dun deporte en auxe como é o pádel. E lembramos que facémolo porque é unha demanda veciñal, e ao mesmo tempo dámoslle utilidade a un espazo que non o tiña”.
Ademais dende o Concello tamén avanzan que “o Goberno Municipal de Trabada xa está traballando en impulsar e promover máis proxectos para este emprazamento, co fin de que contribúan a mellorar as nosas dotacións públicas."
“Dende o Goberno Municipal de Trabada decidimos incluír a ubicación desta pista de pádel nas...
leer másPor cuarto ano consecutivo Ribadeo conta cunha pista de xeo XL da que se pode desfrutar durante este Nadal. Está aberta no parque de San Francisco desde o pasado 21 de decembro e ata o próximo 7 de xaneiro e este ano incorpora, como novidade, sesións nocturnas con djs que teñen lugar os venres e os sábados de 22 a 00:00 horas. Desde o Concello subliñan que “con esta acción o que se pretende é dinamizar máis a pista de xeo XL ao ampliar horarios e introducir a música, así como fomentar o consumo no comercio e na hostalería local”.
E lembran que “a pista de xeo XL de Ribadeo, duns 300m2, é a única que se atopa aberta na provincia de Lugo, e das poucas que contan con sesións nocturnas amenizadas con música”.
A pista de xeo, organizada polo Concello de Ribadeo e na que tamén colabora Acisa, ten un prezo de 6 euros....
leer másDo 21 de decembro ao 7 de xaneiro Ribadeo contará por cuarto ano consecutivo cunha pista de xeo natural XL. O prezo das entradas será de 6 euros, pero aquelas persoas que fagan compras no comercio local asociado a Acisa a partir de 20 euros ou que consuman na hostalería local obterán un desconto do 50%. A novidade deste ano é que haberá sesións nocturnas de patinaxe os venres e os sábados de dez a doce da noite, acompañadas de música. A pista de xeo natural é unha iniciativa do Concello e de Acisa. Na presentación que tivo lugar esta mañá participaron o alcalde, Fernando Suárez, e as concelleiras de Turismo e Xuventude, Ana Martínez e Vanesa Yanes, así coma o xerente e o vicepresidente de Acisa, Jesús Pérez e Juan Andina, e o vogal da asociación Ramón Loredo.
O rexedor declarou: “qué mellor que combater este frío que vai haber neste...
leer másXa é posible patinar en Ribadeo na pista de xeo natural XL, que por terceiro ano consecutivo poñen en marcha Acisa e o Concello durante as festas de Nadal.
Abre en horario de 12 a 14 horas e de 17 a 22 horas ata o vindeiro 7 de xaneiro, agás os días 24 e 31 que pechará ás oito da tarde. O prezo da entrada é de 6 euros, aínda que aquelas persoas que merquen ou consuman nos comercios e locais hostaleiros de Ribadeo, asociados a Acisa, e presenten os seus tíckets por importe igual ou superior a 20 euros poderán obter esas entradas ao prezo de 3 euros. Eses tíckets teñen que ir acompañados das papeletas cos descontos que distribuirán os establecementos asociados a Acisa. Catro monitores atenderán a pista de xeo natural XL, de Ribadeo, durante estas semanas. A instalación foi visitada polo alcalde, Fernando Suárez, pola concelleira de Mocidade...
leer másA pista municipal de pádel de Lourenzá xa pode reservarse a través de internet. Anunciouno hoxe a Concellería de Deportes.
Segundo explica este departamento do Concello de Lourenzá, “a partir de agora solicitar pista de pádel en Lourenzá non pode ser máis doado. Entrando en http://lourenza.pistas-online.com/ e despois dun intre para darse de alta como usuario, pódese reservar on line directamente dende calquera dispositivo. Na web lévase unha contabilidade persoal de cada usuario e poden reservar de media hora en media hora. A taxa municipal por 1 hora e media son 4 euros, que se aboan directamente por TPV.
Unha vez reservada pódese imprimir un xustificante ou presentar a mensaxe de reserva do correo electrónico no Torreón, onde entregan a chave de acceso á...
leer más