Ribadeo será escenario o 11 de decembro dunha charla sobre o sétimo arte. Será pronunciada por Jaione Camborda.

Mañá, 11 de decembro, terá lugar unha charla sobre o sétimo arte, segundo informa a Concellaría de Cultura ribadense. 

A conferencia correrá a cargo da directora e guionista de cine Jaione Camborda, e leva por título Oficio de director de cine. Esta actividade terá lugar na Casa das Letras ás 17:00 horas. Está organizada pola Deputación Provincial de Lugo.